martes. 26.05.2020 |
El tiempo
martes. 26.05.2020
El tiempo

Os camioneiros do carbón, 7 meses de peche, do reivindicativo ao obrigado

Algúns transportistas, no consistorio pontés. C.ARIAS
Algúns transportistas, no consistorio pontés. C.ARIAS
Os transportisas alcanzan un ano de parón na súa actividade e a crise do coronavirus dificulta o seu futuro â?? Levantaron as protestas polo estado de alarma, pero non descartan seguir loitando

Do peche reivindicativo ao obrigado, os transportistas do carbón da térmica das Pontes suman sete meses de confinamento, parcial ou total, e case un ano sen traballo desde o parón da central, a finais de abril do ano pasado. A crise do coronavirus pillounos en plena batalla laboral, rotando en quendas de doce horas encerrados no consistorio pontés, e tiveron que levantar as súas protestas por seguridade. Fixérono xusto antes de que o Goberno decretase o estado de alarma, pero non se renden.

“Seguimos pelexando e facendo cousas coa Xunta e co Goberno en Madrid e aínda que agora está todo bastante parado esta semana aínda se lles mandou máis documentación que pediron sobre os camioneiros e a que concellos pertencían”, explica Manuel Bouza, o presidente do colectivo, que recoñece que a situación é moi complicada porque xa son moitos meses sen beneficios e moitos gastos. De feito, cifra en aproximadamente 24 millóns os ingresos que perderon durante este ano sen traballo.

“Todo o mundo segue loitando e cada un foise arranxando como puido, pero a nosa única saída é que a central se reactive”, di Bouza, e indica que aínda non se sabe nada sobre as probas con biocombustibles. Tampouco sobre as supostas axudas que terían.

Os camioneiros empezaron o seu peche reivindicativo o 9 de setembro e só deixárono durante 15 días en Nadal para retomar forzas. “é algo que haberá que estudar, se despois do estado de alarma volvemos, depende das condicións que poña o Goberno pero a xente está disposta. O problema está sen solucionar e non imos deixar a guerra agora”, di Eliseo Barro, que recoñece que é máis duro o peche pola crise do coronavirus.”Polo menos no Concello estás con xente e fas quendas”, di, e reitera que hai que loitar incluso máis que antes: “Isto que se nos vén encima complícao todo máis”.

Entre os transportistas, algúns fan traballos puntuais para soportar a situación e 25 vehículos realizarán varias viaxes a partir do día 14 para subir unhas 100.000 toneladas de carbón do porto de Ferrol.

Os camioneiros do carbón, 7 meses de peche, do reivindicativo ao...
comentarios