Camelia Iglesias expón 'Cuba, outra mirada' na Casa Habanera de Guitiriz

A fotógrafa dedicou un ano a darlle forma a este proxecto, complementado con traballos de investigación e documentación

Exposición 'Cuba, outra mirada'. EP
photo_camera Exposición 'Cuba, outra mirada'. EP

A guitiricense Camelia Iglesias inaugura este venres ás 19.00 horas na Casa Habanera de Guitiriz a exposición fotográfica Cuba, outra mirada, unha colección de imaxes realizadas na súa viaxe á illa en outubro de 2016, un mes antes da morte de Fidel Castro, que reflicte "a realidade que vivía a sociedade cubana durante a última etapa do comandante".

A fotógrafa dedicou un ano a darlle forma a este proxecto, complementado con traballos de investigación e documentación, tratando de escapar "das típicas fotografías turísticas que estamos acostumados a ver de Cuba" e incluíndo aspectos sociais como a comida, o transporte ou as construcións, buscando recoller "o día a día da súa xente".

A obra exposta, que ofrece unha trintena de imaxes realizadas na zona norte da illa, encádrase no estilo "da fotografía documental, o fotoxornalismo e a fotografía de rúa", propia da autora, que espera trasladar aos espectadores a Cuba a través das súas fotos.

Comentarios