Calcinado un camión á saída de Baamonde na A-6

Descoñécense as causas do incendio que queimou o vehículo
El camión calcinado. EP
photo_camera O camión calcinado. EP

Un camión frigorífico que circulaba pola autovía A-6 quedou calcinado á saída de Baamonde, onde se entronca coa A-8.

Descoñécense as causas do incendio que queimou o vehículo, se se ocasionou en marcha ou ben xa cando estaba parado na beiravía. Un tramo de vía estivo cortado durante unhas tres horas.

Nas labores de extinción, limpeza  e tarefas de regular a circulación participaron patrullas de Tráfico, de bombeiros do parque comarcal de Vilalba e persoal de conservación de estradas.