sábado. 26.09.2020 |
El tiempo
sábado. 26.09.2020
El tiempo

Os cachorros de Alma xa buscan fogares definitivos

A protectora do Valadouro e a moza que os ten en acollida en Vilalba iniciaron o proceso de selección dos futuros adoptantes

Os cachorros de Alma, a cadela que faleceu por mor das feridas que lle provocou o disparo efectuado por un veciño de Chantada o pasado mes de novembro, xa buscan fogares definitivos.

A protectora do Valadouro e a moza que os ten en acollida en Vilalba iniciaron o proceso de selección dos futuros adoptantes, que deberán cumprir cos requisitos habituais.

"Son os mesmos que os de calquera outro can, non se van tratar dun xeito especial", explican desde a protectora, recordando que o primeiro paso será cumprimentar un cuestionario de preadopción.

"Despois faremos visitas ás vivendas que queren adoptar. No caso de que sexa xente de fóra, contactaremos cunha protectora da zona para que faga a visita e tamén solicitaremos fotos e vídeos do lugar", engaden.

Despois, asinarase un contrato de adopción no que virán outras cláusulas que tamén deberán cumprirse. Entre elas, os novos propietarios terán que pór o microchip ao animal, comprometerse a castrarlo e seguir os coidados necesarios.

Os interesados na adoptar a Temis, Kenai, Doa, Kinder, Alma e Cíes informarse desde xa a través da asociación protectora do Valadouro ou no Facebook Con Alma e Corazón.

"Imos buscar a mellor casa para eles como ou facemos con todos", afirman desde a protectora, unha opinión que comparte a moza que os ten en acollida. "Non temos présa, queremos estar moi seguros para que se vaian ao fogar idóneo, e pediremos cousas lóxicas", afirma.

Ademais, recordan que hai moitos outros animais que non son tan mediáticos como os cachorros de Alma que tamén buscan a alguén que os coide e mime.

Os cachorros de Alma xa buscan fogares definitivos
comentarios