Cabazas de 70 quilos, en San Cosme de Piñeiro

O veciño do lugar de Fontela que colleitou os exemplares xigantes asegura que nunha os vira tan grandes
Cabazas xigantes en San Cosme de Piñeiro. EP
photo_camera Cabazas xigantes en San Cosme de Piñeiro. EP

Un veciño do lugar de Fontela, na parroquia pastoricense de San Cosme de Piñeiro, atopouse conque as cabazas da súa horta parecían non querer deixar de medrar. Ao final varios dos exemplares alcanzaron un significativo tamaño, ata o punto de que lles calculan que deben rondar os 70 quilogramos de peso.

 O dono desta chamativa colleita xigante asegura que nunca vira cabazas tan grandes na volta, así que parece que este ano pode presumir de ter uns exemplares de exposición.

Cabazas de máis de 70 quilos en San Cosme de Piñeiro. EP

Comentarios