A Garda Civil iniciou unha investigación para tratar de identificar a un individuo que intentou coar, sen éxito, billetes falsos de 50 euros en dous establecementos hostaleiros de Castro de Ribeiras de Lea, en Castro de Rei.
Os feitos producíronse na mañá deste mércores. Os propietarios dos negocios alertaron aos axentes ao percibir un comportamento estraño no home, que aproveitou un día de moita afluencia de xente na localidade chairega -ao coincidir coa feira semanal- para tratar de cometer o engano.