Buscan un home de avanzada idade na Pastoriza

Foi visto por última vez ao redor das 16.00 horas do luns na rotonda do Carrizal

Dispositivo de búsqueda en A Pastoriza. EP
photo_camera Dispositivo de búsqueda en A Pastoriza. EP

A Garda Civil coordina un operativo de procura no municipio chairego da Pastoriza para dar co paradoiro dun home de avanzada idade que foi visto por última vez ao redor das 16.00 horas do luns na rotonda do Carrizal.

O operativo céntrase fundamentalmente no lugar de Marquide, na parroquia de Rigueira, da que é oriúndo o home. 

Nas tarefas, coordinadas por axentes da Garda Civil e para as que o centro de urxencias do 112 Galicia mobilizou tamén ao Ges da Pontenova e urxencias sanitarias, participan voluntarios das agrupacións de Protección Civil de Vilalba, Mondoñedo e Meira, ademais de numerosos veciños da zona.