Os bombeiros de Vilalba rescatan uns 20 porcos dunha fosa séptica en Guitiriz

Os feitos ocorreron nunha granxa no Buriz
Lugar onde caeron os animais. EP
photo_camera Lugar onde caeron os animais.

Os bombeiros de Vilalba desprazáronse este domingo a unha granxa do Buriz, en Guitiriz, e rescataron máis dunha vintena de porcos que caeran nunha fosa séptica.

O aviso foi sobre as 11.00 horas e os bombeiros estiveron traballando ata ás 13.00. Cando chegaron os donos xa rescataran algúns dos animais, que caeron á fosa áo romperse a tarima, pero debido aos gases que se desprenden tiveron que acabar eles de retiralos usando os equipos de respiración autónomos.

Tamén se desprazou ata alí a Garda Civil.