Os bombeiros traballan na extinción dun incendio declarado nunha casa de Guitiriz

Desde o 112 informan de que polo momento non se rexistraron feridos
La casa afectada por el fuego. C. PÉREZ
photo_camera La casa afectada por el fuego. C. PÉREZ

Os profesionais do servizo de bombeiros traballan na tarde noite deste luns na extinción dun incendio declarado nunha casa de Guitiriz que, polo momento, non causou feridos.

Diso informou o CIAE 112 Galicia, que recibiu unha chamada ás 17.45 horas na que se alertaba dun lume no lugar de Trasparga.

Ata alí desprazáronse os bombeiros de Vilalba, que recibiron o apoio dos efectivos contra incendios forestais da zona para abastecelos de auga a través dunha motobomba.

Ata o momento da comunicación do 112, o lume aínda non fora sufocado.