sábado. 24.07.2021 |
El tiempo
sábado. 24.07.2021
El tiempo

Os bombeiros tardaron 4 minutos en chegar ao incendio de Goiriz

Visita al parque comarcal de bomberos de Vilalba. EP
Visita ao parque comarcal de bombeiros de Vilalba.
José Tomé, que visitou a fábrica afectada e o parque vilalbés, agradeceu o seu labor

Os bombeiros de Vilalba tardaron catro minutos –recibiron o aviso do 112 ás 20.29 do pasado sábado 22– en chegar ao incendio da nave de Jamones Francisco Otero de Goiriz, segundo precisaron este xoves desde a Deputación de Lugo, cuxo presidente, José Tomé, visitou o parque comarcal para transmitir persoalmente o seu agredecimiento aos efectivos polo labor realizado nas tarefas de extinción do lume.

O presidente provincial acudiu acompañado polos deputados Pablo Rivera Capón e Pilar García Porto; a alcaldesa de Vilalba, Elba Veleiro; e por Marta Rouco, xerente do Consorcio Provincial de Lugo para Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento, entidade que preside o propio Tomé e na que está integrada o parque vilalbés, ademais dos de Monforte de Lemos, Barreiros, Chantada, Sarria e Viveiro.

Desde o ente provincial recordaron que os traballos, nos que se utilizaron máis de 100.000 litros de auga, prolongáronse durante toda a noite e boa parte do día seguinte. Aos efectivos vilalbeses –seis bombeiros en dúas quendas, un vehículo de altura e unha bomba urbana lixeira- sumáronse a carroceta do Concello, un camión ama de cría e dous efectivos do parque de Lugo, dous bombeiros das Pontes coa súa ama de cría e un vehículo de altura, tres brigadas de Medio Rural con carroceta, o camión cisterna de Axega e persoal do Grupo de Apoio Loxístico (GALI), Garda Civil, Policía Local, Protección Civil e Cruz Vermella. O domingo mobilizáronse vehículos dos parques de Sarria e de Monforte.

Os responsables provinciais tamén visitaron as instalacións afectadas polo lume para coñecer de primeira man as impresións dos propietarios e os danos provocados polas chamas. O incendio, que se cre que se iniciou no ahumadero de xamóns, afectou á primeira planta e á cuberta da nave, un terzo do total das instalacións.

Os bombeiros tardaron 4 minutos en chegar ao incendio de Goiriz
comentarios