Os bombeiros sufocan un incendio que calcinou un alpendre en Ponte Vilar

A intervención durou máis de cinco horas
Generated by  IJG JPEG Library
photo_camera Alpendre afectado polo lume. BOMBEIROS DE VILALBA

Os bombeiros do parque comarcal de Vilalba traballaron este venres durante máis de cinco horas para controlar e extinguir un incendio nun alpendre en Ponte Vilar, na parte desta localidade xa pertencente ao municipio de Castro de Rei.

Un particular chamou ao 112 pasadas as sete da mañá para alertar do incendio, que destruíu un alpendre no que se gardaban madeira, carbón e distintos aveños. O lume tamén afectou a outra construción contigua, pero a intervención dos bombeiros evitou que se propagase a outros inmobles próximos nos que había palla ou animais.

Os bombeiros, que cambiaron de quenda mentres controlaban o lugar, estiveron varias horas arrefriando os cascallos para previr que o lume se reproducise, unha tarefa na que tamén colaborou a retroescavadora do Concello de Castro de Rei, que traballou no lugar boa parte do día.

Comentarios