Un boleto da Quiniela con 14 acertos deixa máis de 25.000 euros nas Pontes

O acertante é un cliente habitual da Bombonería

A Quiniela da xornada 54 celebrada este pasado sábado deixaba en As Pontes un boleto con 14 acertos premiado con 25.249 euros.

O acertante, cliente habitual da Bombonería, onde foi selado o boleto, tivo 14 acertos polos que recibiu 21.910, 92 euros, do mesmo xeito que outros cinco afortunados. O galardón restante débese a que se trataba dunha Quiniela condicionada, nas que é máis difícil acertar, polo que o mérito é dobre, xa que o gañador apostou por unha liga de fútbol estranxeira.

O afortunado acudiu á administración "sabendo que tiña premio, pero non canto, e tocoulle ir ao banco", recorda Adrián Vázquez, propietario da administración, que se mostraba satisfeito por entregar o seu maior premio ata o momento.

"Fai un ano que compramos o despacho e ao pouco demos 4.146 euros na Bonoloto e un premio de 3.296 euros na Primitiva. Os tres foron para coñecidos, así que a alegría é máis grande aínda", recoñece o loteiro.

Comentarios