Publirreportaxe

Begonte impulsa as escolas deportivas e as tradicións culturais do municipio 

O desenvolvemento do polígono industrial de Pacios-Baamonde é unha prioridade 

Actividades deportivas dos nenos en Begonte. EP
photo_camera Actividades deportivas dos nenos en Begonte. EP

O goberno municipal de Begonte desenvolveu un importante traballo no últimos catro anos nos eidos do deporte e a cultura e abordou distintos proxectos de futuro. As escolas deportivas municipais experimentaron un notable impulso, que se reflectiu nos éxitos acadados pola sección de fútbol sala, coordinada pola asociación As Canicas. 

No apartado cultural programouse un amplo abanico de actividades, dirixidas a todas as idades, desde o teatro para nenos aos cursiños de pintura ou de encaixe de bolillos para adultos. O equipo liderado polo alcalde, José Ulla (PP), tamén traballaou para manter vivas as tradicións culturais do municipio mediante a potenciación de actividades como o Entroido, que se converteu nun referente na zona, ou os magostos.

Pavillón de deportes de Begonte. EP

No campo educativo destaca o convenio asinado coa asociación Músico  Crisanto, promotora da Banda de Rábade,  Begote e  Outerio de Rei, que  permite aos nenos do municipio gozar dunha educación musical de primeiro nivel. 

Entre os retos de futuro, a prioridade do goberno municipal begontino céntrase no emprego, polo que xestiona o desenvolvemento de chan industrial no polígono Pacios- Baamnode. Tamén se poñerán en marcha outras actuacións  encamiñadas a mellorar a calidade de vida dos veciños.

Actividades deportivas en Begonte. EP