Begasa restablece a subministración de luz ao veciño de Guitiriz que precisa osíxeno

"Temos que facer un alta nova, pero polo menos mentres temos electricidade", afirma a filla do matrimonio afectado
Contadores eléctricos. ARCHIVO
photo_camera Contadores eléctricos. ARQUIVO

Begasa restableceu este xoves pola mañá, e tras máis de 24 horas desde que se deu de baixa o contrato por erro, a subministración eléctrica na vivenda do matrimonio de Guitiriz no que o home precisa estar conectado a unha máquina de osíxeno.

"Grazas á Consellería de Industria e Begasa, que fixeron as xestións e axilizaron todo. Temos que facer un alta nova, pero polo menos mentres temos luz", relatou a filla dos afectados, que recordou que outra empresa allea á súa eléctrica atribuíu os datos do contador dos seus pais a outra persoa.

A parella quedou sen subministración eléctrica o mércores á primeira hora da mañá a pesar de contar cun bono social por ser o home unha persoa dependente e que necesita estar conectado a unha máquina de osíxeno. O corte debeuse a un "erro humano, que ao facer un cliente novo meteron o número do contador dos meus pais e que a outra persoa ao ver que estaba mal o deu de baixa".

Os seus pais puideron permanecer na súa vivenda grazas a que lles prestaron un xerador

Comentarios