A axente TIC de Guitiriz gaña un premio por 'Buscando ao rei'

Ana María Pérez recibiu o galardón na categoría Espazo Maker na primeira edición dos premios da Rede Cemit
Ana Pérez, recogiendo su premio. EP
photo_camera Ana Pérez, recollendo o seu premio. EP

A axente TIC responsable da aula Cemit do Concello Guitiriz e administradora da aula Mentor, Ana María Pérez, resultou premiada na categoría Espazo Maker da primeira edición dos premios Axentes TIC da Rede Cemit.

O recoñecemento chega pola iniciativa Buscando ao rei, na que participaron 35 persoas en parellas, compostas por unha persoa adulta e unha menor de idade. Na categoría presentáronse propostas que nas que se impulsaba o uso de complementos tecnolóxicos innovadores, como lentes de realidade virtual, kits de robótica ou de placas de comunicación e programación, drones ou impresoras 3D

Unha Unha dás probas dá xincana tecnolóxica. D.CENDÁN
Unha das probas de 'Buscando ao rei', na Casa Habaneira. D.CENDÁN

Desde a aula Cemit de Guitiriz queren dedicar o premio "a todas as persoas, nenas e nenos, nais, pais e persoas maiores de idade que participan habitualmente nas actividades propostas dende a aula". "Sen a súa participacion non seria posible alcanzar este reto", aseguran.

Os galardóns, entregados este xoves no Centro Gaiás Tech da Cidade da Cultura de Santiago, están impulsados pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia en colaboración coa Rede Cemit e recoñecen aos promotores de propostas creativas e orixinais destinadas tanto á infancia ou á mocidade como á poboación adulta.

Comentarios