Axenda do 23 ao 29 de abril

                      El conselleiro de Medio Rural fue el encargado de inaugurar la feria de Cospeito.
photo_camera Feira de Maquinaria de Cospeito. AEP

Abadín

Charla informativa de produtos de apoio 
Mércores. 11.30 horas No salón de actos da casa do concello.

Vilalba

Xunt@s: Envellecer de forma activa, en Ladra  
Mércores. 18.00 horas Na casa escola.

Primeiro Maratón de Tute na casa escola de Vilapedre
Sábado. 15.30 horas Haberá cea e premios. Para máis información, contactar coa asociación veciñal.

As Pontes

Taller gastromicolóxico para adultos en Hume
Mércores. 20.00 horas Organizado no marco do programa As Pontes, Terra de Cogomelos e impartido por Ismael Esteban Gaiana. Máis información: 604.04.73.37.

Presentación da Nova guía de setas de Galicia
Venres. 18.30 horas Faladoiro do As Pontes, Terra de Cogomelos con José Manuel Castro Marcote, da asociación micolóxica naturalista Pan de Raposo.

Acto polo Día da Danza na Praza de América
Venres. 19.00 horas A escola municipal de baile moderno, danza clásica e flamenco ofrece un espectáculo.

Cine neurodiverso: Guardiana de dragones
Sábado. 17.00 horas Proxección na Casa Dopeso. Entradas en aspontes.sacatuentrada.es.

Concerto de Raquel Tavares no Cine Alovi
Sábado. 20.00 horas Entradas en aspontes.sacatuentrada.es ou na billeteira.

Cospeito

Faladoiro ao redor da mostra María violencia
Venres. 20.00 horas Será na Igrexa Vella de Muimenta e intervirán a mestra e fotógrafa Alba Díaz, autora da exposición, a mestra e modelo da mostra María Cendán e a profesora e historiadora Alexandra Cabana. 

Feira da Maquinaria Usada, Artesanía e Antigüidades
Sábado e domingo. Todo o día Celebración da tradicional cita promovida polo Concello, con máis dun cento de expositores e que incluirá a Festa da Música.  

Charla en Pino sobre plantacións forestais
Sábado. 16.00 horas O axente ambiental Fernando Fernández Cabana informará sobre lexislación, distancias e condicións.

Guitiriz

Fénix e Kubo, na festa do Carmio do Buriz
Sábado. 13.00 horas Misa, música e inchables gratis para os nenos na vermú.

Segadores da Órrea en terras de Castela
Venres. 21.00 horas Proxección e coloquio deste documental no marco do ciclo Vaia cine! Será na Casa Habanera.

Xermade

Xantar popular coa música de Marisol Novo
Sábado. 14.30 horas Organiza a comisión de festas de Piñeiro. Tíckets: Severiano, Campo de Tiro ou a través da comisión.

Comentarios