Axenda

Axenda do 16 ao 22 de abril

Agrupación Mestura de Nete, que actuará no festival solidario de Mans Unidas. EP
photo_camera Agrupación Mestura de Nete, que actuará no festival solidario de Mans Unidas. EP

Guitiriz

Taller de elaboración de conservas gratuíto 
Martes. 16.00 horas Na Casa Habanera. Información: 982.37.01.09.

Doazón de sangue ao pé da casa do concello
Venres. De 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00 horas A unidade móbil desprazarase ata a localidade para facilitar que a veciñanza acuda.

Vilalba

Xunt@s: xornada sobre o uso do smartphone
Mércores. 11.30 horas Será na casa da cultura e terá continuidade o 24.

A biblioteca propón a ruta literaria Aire negro
Sábado. 9.00 horas Visita a diferentes localizacións, con parte do itinerario a pé e parte en bus, relacionadas coa obra do escritor Agustín Fernández Paz. Inscricións no whatsapp: 626.39.93.29.

Festival de Mans Unidas no auditorio
Sábado. 20.30 horas Cita solidaria, presentada pola escritora María Xosé Lamas e que contará coas actuacións da Banda de Música de Vilalba e da asociación cultural Mestura de Nete.

Viaxe a Covadonga da asociación de Román
Domingo. 7.00 horas Máis información, chamando aos números 600.86.21.15 ou 666.76.70.80.

As Pontes

Euroeume propón Un café con historias
Xoves. 16.30 horas A asociación inicia, no local da asociación As Painceiras, en Ribadeume, este proxecto de recuperación da memoria oral que contará con cinco sesións.

Xoves na Biblio ofrece O lapis de Martín
Xoves. 18.00 horas Sarabela Teatro ofrece un espectáculo para maiores de tres anos na Casa Dopeso.

Videofórum: Rebelde entre el centeno
Xoves. 20.00 horas Celebrararase na Casa Dopeso, co gallo do Día do Libro. Entrada de balde.

Xermade

VI Comida Popular e Festa da Xuventude
Sábado. 14.00 horas Organiza a comisión de festas, co dúo Caramelo e xantar no pavillón. Boletos no Boucello, Casal, Pita e O Paso.

Andaina pola Ruta do Río Ponte da Pedra
Domingo. Consultar Saída do programa de sendeirismo da asociación de Cabreiros. 686.10.47.80.

Pol

Curso de cestería na caseta da carballeira
Sábado e domingo. 16.00 horas Inscricións: 982.34.50.20 ou no concello.

Cospeito

Roteiro simbólico de recollida de lixo
Domingo. 10.30 horas Saída da Praza Maior de Muimenta. Actividade veciñal sen inscrición previa.

Comentarios