Axenda chairega de Entroido

Aquí vos deixamos algunhas das convocatorias previstas para este Entroido na volta
Entroido de Val de Francos
photo_camera Entroido de Val de Francos. EP

Venres 21

  • Cospeito 17.00 horas. Entroido infantil. 22.00 horas. Adultos. Pavillón. Festa con máis de 1.500 euros en premios para os mellores disfraces, karaoke e a animación do dúo Estrellas. 
  • Momán 20.30 horas. Naves do Campo da Feira. Saudade organiza a V Troula de Entroido, con sorteos, degustacións, concursos e a actuación do dúo Venus. 
  • Vilalba 22.30. Centro Cultural e Recreativo. Sorteo dunha cesta.

Sábado 22

  • Sancovade 13.00 horas. Campo de fútbol. XIII Entroido, con vermú, comida, concurso de disfraces e o dúo Pedriñas.
  • Vilarente 13.00 horas. Campo da festa. Vermú, degustación de cocido, xogos, sorteos e actuación de María Montero.
  • Carballido 13.30 horas. Campo da festa. XIX Entroido e baile de disfraces, con vermú, churrascada, concurso de disfraces e a acutación da orquestra Principal.
  • Bretoña 16.00 horas. Teleclub. Festa infantil con xogos, música e concurso de disfraces.
  • Vilalba 18.00 horas. Centro Cultural e Recreativo. Festa infantil, merenda e actuación do mago Carrolo.
  • Guitiriz Entroido Miúdo nos bares do casco urbano, con premios ás mellores comparsas. 
  • Parga 20.00 horas. Escola Vella. Degustación de filloas. 
  • Roupar 21.00 horas. Escola habaneira. Cea baile da asociación de veciños.
  • Vilalba 22.00 horas. Montero. Cea baile do Rácing Vilalbés.  

Domingo 23

  • Pedrafita 12.00 horas. Barrios. O Entroido percorrerá as aldeas e haberá fin de festa na escola.
  • A Pastoriza 14.30 horas. Antiga ladrilleira. Comida popular, disfraces, actuación do dúo Caramelo e chocolatada nocturna.
  • Abadín 17.30 horas. Polideportivo. Desfile de disfraces con máis de 4.000 euros en premios.  

Luns 24

  • Meira 16.30 horas. Pavillón. A anpa do Ceip Poeta Avelino organiza unha festa con xogos e concurso de disfraces. 
  • Vilalba 17.00 horas. Montero. Baile infantil do Rácing Vilalbés.
  • Guitiriz 20.00 horas. Locais de hostalaría. Concurso.
  • Xermade 21.30 horas. Polideportivo. La Hora Bruja ameniza unha festa cun concurso con máis de 1.000 euros en premios.
  • Meira 22.00 horas. Pavillón. Festa de Entroido con música e máis de 1.300 euros en premios. 

Martes 25

  • Muimenta 11.00 horas. Praza. Feira de Entroido, con xantar a base de cocido e animación. 
  • Bóveda 14.30 horas. Escola. Xantar de Entroido.
  • Val de Francos 16.30 horas. Campo da festa. Sermón e queima do Entroido cos Valuros, sorteos e actuación do grupo Beatriz. 
  • Pol 16.30 horas. Local social de Leña Verde. Festa infantil coas marionetas de Trécola. Tamén haberá cantos de taberna en Mosteiro, Andión e Luaces con Airiños da Freba e Leña Verde.
  • Muras 17.00 horas. Local social. A anpa organiza unha festa infantil. 
  • Guitiriz 17.00 horas. Desfile dende a Ponteveiga ata o pavillón, cuns 700 euros en premios.
  • As Pontes 17.00 horas. Saída da Rúa Monte Caxado. Desfile e concurso con máis de 6.000 euros en premios.
  • Vilalba 17.00 horas. Saída da estación de buses. Desfile de disfraces con 5.000 euros en premios.

Sábado 29

  • Castro 12.00 horas. Carpa no mercado gandeiro. Haberá xogos tradicionais con Xotramu, sesión vermú e verbena con Stereo Show e o DJ David Expósito, concurso de Entroido e sorteos con máis de 6.000 euros en premios e unha cea.
  • Begonte 17.00 horas. Pavillón de Baamonde. Desfile de Entroido con máis de 2.000 euros en premios, festa infantil e baile.

Domingo 1

  • Oleiros 14.00 horas. Escola. Comida de Entroido organizada pola asociación de veciños desta parroquia vilalbesa. Estará amenizada polo dúo Pedriñas

Comentarios