A auga turbia da traída por mor da choiva volve levantar críticas entre os vilalbeses

Ademais da cor marrón a auga presentaba un forte cheiro, polo que varias zonas non puideron usala para consumo humano e doméstico
2020081414144173511
photo_camera Estado que presentaba a auga. EP

A auga turbia que volveu saír estes dous últimos días polas billas de moitas vivendas do centro urbano de Vilalba levantou de novo as críticas dos veciños, molestos con que esta situación se repita cada vez que chove máis do normal.

Este mércores a capital chairega rexistraba uns 89 litros por metro cadrado, o que provocou a "entrada masiva de auga enlodada do río na depuradora de As Cañotas", explicaba a rexedora, Elba Veleiro. Por iso, varias zonas non puideron usar a traída para consumo humano e doméstico xa que, ademais da cor marrón, presentaba un forte cheiro.

Na tarde do xoves, gran parte dos afectados xa contaba con auga transparente, tras os traballos executados por Espina y Delfín, que se afanaron en cortar a entrada de lodos para deixar paso á da depuradora de San Simón. Así mesmo, Veleiro recorda que se continúa habendo deficiencias nalgún punto, se chame ao Concello para intentar liquidalas.

Comentarios