Un atropelo nas Pontes sáldase cunha ferida leve e dous menores ilesos

A muller foi trasladada en ambulancia ao hospital Arquitecto Marcide de Ferrol
Avenida de Ortigueira en As Pontes. GOOGLE MAPS
photo_camera Avenida de Ortigueira nas Pontes. GOOGLE MAPS

Un atropelo saldouse este mércores cunha ferida leve e dous menores ilesos nas Pontes. O suceso ocorreu á primeira hora da mañá na Avenida de Ortigueira, nun paso de peóns próximo ao consistorio municipal.

A muller, que ía acompañada de dous menores, recibiu o impacto do coche e foi trasladada pola ambulancia ao hospital Arquitecto Marcide de Ferrol. Os dous menores resultaron indemnes e non recibiron asistencia médica.

Ata o lugar desprazáronse efectivos da Policía Local das Pontes, un sanitario e unha ambulancia do 061.