Atropelada unha muller nun paso de peóns das Pontes

A vítima resultou ferida leve

Unha muller duns 60 anos resultou ferida de carácter leve este martes por mor dun atropelo acontecido nas Pontes, segundo confirmaron fontes sanitarias. O incidente sobreveu ao fío das 17.20 horas nun paso peonil que comunica a zona da Casilla coa contorna do lago da vila pontesa.

Segundo precisou o 112 Galicia, os feitos rexistráronse no punto quilométrico 0,300 da estrada AC-101.

O servizo público de urxencias recibiu unha alerta do 061-Urxencias Sanitarias de Galicia por este suceso, ocorrido nas proximidades dunha gasolineira. O despregamento correspondente incluíu a Garda Civil, Policía Local, bombeiros das Pontes e Protección Civil. Tamén se deu conta ao persoal da Axencia Galega de Infraestruturas como responsable do mantemento do viario.