viernes. 18.09.2020 |
El tiempo
viernes. 18.09.2020
El tiempo

O lume calcina en Guitiriz o andar superior dunha vivenda sen danos persoais

Un camión de Bomberos. AEP
Un camión de Bomberos. AEP
Non houbo que lamentar feridos

Un incendio declarado a última hora do luns en Guitiriz deixou danos materiais no andar superior dunha vivenda sen que, afortudanadamente, houbese que lamentar danos persoais.

Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, o lume afectou a un calefactor e ao tiro da cheminea, ademais de provocar danos no tellado e no chan de madeira.

Nada máis recibir a alerta a través dunha persoa particular ao fío das 22:45 horas, desde o CIAE 112 Galicia pasouse o aviso aos Bombeiros de Vilalba, á Garda Civil e a Protección Civil da localidade.

Arde unha lavandaría en A Estrada
Un incendio declarado este martes de madrugada no interior dunha lavandaría no termo municipal pontevedrés de A Estrada provocou danos materiais no seu interior, sen que ningunha persoa resultase ferida nin afectada.

Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, ardeu roupa almacenada, parte dun vehículo e as luminarias do teito.

Os feitos tiveron lugar na parroquia de Toedo, ao fío das 6:20 horas. Nese momento, o Servizo Municipal de Protección Civil alertaba do incendio ao 112 Galicia.

Decontado, os xestores do CIAE 112 Galicia puxeron os feitos en coñecemento dos Bombeiros do Deza, de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e da Garda Civil.

O lume calcina en Guitiriz o andar superior dunha vivenda sen danos...