Arde por completo unha furgoneta na AG-64 nas proximidades das Pontes

Os tres ocupantes, que viñan desde Ribadavia a participar nunha regata de windsurf no lago pontés, conseguiron salvar as súas táboas e mochilas antes de que o lume devorase o vehículo

Furgoneta calcinada en AG-64. EP
photo_camera Furgoneta calcinada na AG-64. EP

Unha furgoneta acaba completamente calcinada na AG-64 a poucos quilómetros das Pontes. Os tres ocupantes, que viñan desde Ribadavia a participar nunha regata de windsurf no lago pontés, conseguiron salvar as súas táboas e mochilas antes de que o lume devorase o vehículo.

O condutor e propietario da furgoneta, unha wolsvagen T2, explicou que empezou a ver fume dentro do vehículo e inmediatamente parou na beiravía, e asegurou que a furgoneta pasou hai apenas dúas semanas a Itv.

Ao lugar foron os bombeiros das Pontes, Protección Civil e Axentes da Garda Civil de Tráfico. 

Comentarios