Antonio Rial imparte unha charla para familias no IES da Terra Chá

A conferencia 'Os perigos dos videoxogos e outros dispositivos electrónicos' será o 7 de maio

Antonio Rial. AEP
photo_camera Antonio Rial. AEP

O doutor en Psicoloxía e profesor da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Antonio Rial Boubeta, impartirá unha charla para familias promovida polo IES da Terra Chá José Trapero Pardo de Castro de Ribeiras de Lea, no municipio de Castro de Rei.

A conferencia 'Os perigos dos videoxogos e outros dispositivos electrónicos' abordará e profundará en aspectos como a adición, os problemas mentais ou o benestar emocional dos adolescentes.

A actividade está organizada polo departamento de Orientación do centro educativo chairego, no que está á fronte a docente Ana María Murais.

"Debido á importancia deste persoeiro no mundo dos perigos actuais nos adolescentes, o centro educativo quere abrir a charla a todas as familias da comarca interesadas en asistir e profundar nesta temática", explican desde o IES da Terra Chá José Trapero Pardo, confirmando que a actividade será completamente aberta e gratuíta.

A charla desenvolverase na casa da cultura de Castro de Ribeiras de Lea, o próximo día 7 de maio, ás 16.00 horas.

Nela, ademais de coñecer máis detalles sobre esta problemática, os asistentes poderán facer consultas e resolver dúbidas con este especialista en Psicoloxía Social.

Comentarios