Necrología

Antonio Morán

Antonio Morán, en la Hermo. EP
photo_camera Antonio Morán, en la Hermo. EP

Antonio Morán No día de Todos os Santos, os veciños de Muimenta recibían de mañanciña unha triste nova. Perdían a un dos seus, Antonio Morán Crecente, un santiño local que falecía aos 87 anos de idade, por esas casualidades que ten a vida, no mesmo día no que reabría as súas portas o que foi o seu gran proxecto, o que poñía o nome dunha pequena vila chairega no mapa hai máis de 40 anos, a discoteca Hermo. Xa o seu irmán Perfecto, Antonio cumpría o un soño e abría a súa desexada sala de festas. Tiña experiencia como ramista nos festexos de Muimenta e botou tres anos a visitar discotecas para que a inauguración fixada para o 9 de novembro de 1975 fose un éxito. E conseguiuno, porque a Hermo forma parte da memoria colectiva de varias xeracións de mozos e de mozas, igual que os centos de actuacións e de sorteos realizados dende aquel primeiro día no que a sala se encheu para ver a Pucho Boedo, Los Tamara, Genma María e Os Seixos. E aínda que con iso abondaría para que moitos lle rendesen homenaxe a Antonio Morán, o certo é que a Hermo é só unha pequena parte da súa semente en Muimenta, un pobo unido no que el foi precursor de diversas iniciativas, impulsor de melloras e membro da comisión organizadora da Moexmu en catro ocasións. Un espírito que soubo trasladarlle aos seus fillos, sobre todo a Pilar, que logo de varios anos formando tándem con Antonio, poríase á fronte dun negocio polo que seu pai sempre se preocupou. Chamaba antes do peche para saber como fora a noite.

Esta vez non puido chamar directamente, pero a bo seguro que velou por que todo fose ben na esperada reapertura, a mellor homenaxe posible para un emprendedor, un bo veciño e compañeiro de fatigas, que amigos e familiares xa velan no Tanatorio Alvariño e que despedirán esta tarde en Muimenta. R. L.

AGRADECIMIENTO. La familia de la fallecida Luzdivina Expósito Núñez (q.e.p.d.), ante la imposibilidad material de contestar los numerosos testimonios de pésame, agradece por este medio la asistencia a los actos de funeral y entierro celebrados ayer, día 1, en San Pedro Félix de Muja - Sanfiz (Lugo), y las muestras de condolencia recibidas.

Comentarios