Alumnos vilalbeses reciben 789 libros de María Victoria Moreno

Outros seis estudantes resultaron premiados no certame literario que organiza o Concello e cuxa entrega de premios será mañá

O Concello de Vilalba fixo entrega de 789 libros de María Victoria Moreno, a quen se lle dedica o Día das Letras Galegas este ano, a outros tantos alumnos dos centros educativos do municipio, tanto colexios como institutos. Así, repartíronse 402 exemplares de Leonardo e os fontaneiros a estudantes de quinto e sexto de primaria e primeiro e segundo diso, ademais de 387 volumes de Anagnórise a alumnos de terceiro e cuarto de Eso, primeiro e segundo de strong Bac e de FP básica.

Ademais, programáronse duas obras de teatro que versan sobre os citados libros para os días 22 e 23 no auditorio municipal Carmen, ás que acudirán os alumnos correspondentes con profesorado acompañante. O 22 será a obra Leonardo e os fontaneiros, con dúas funcións ás 10.45 e ás 12.15 horas, mentres que o 23 representarase Anagnórise ás 11.00.

A concellería de educación fixo público o fallo do xurado do Certame Literario das Letras Galegas no que resultaron premiados seis estudantes vilalbeses

CERTAME LITERARIO. A concellería de educación do Concello vilalbés fixo público o fallo do xurado do Certame Literario das Letras Galegas, no que resultaron premiados seis estudantes vilalbeses.

Manuel Francisco Lamela Gómez gañou os premios Manuel Mato Vizoso e Xosé María Chao Ledo de prosa e poesía cos traballos A muller sen nome e Concerto, respectivamente.

Carlota Millor Prado gañou o Xosé María Chao Ledo co seu relato Vilamariña e Vicente Castro Rico fíxoo co poema A Torre dos Andrade no Premio Antonio García Hermida, no que tamén recibiu un accésit Silvia Cendán López con Se chove...que chova!.

Os comezos do Rato Pérez, de Matías Morandeira Fraga, gañou o Carmiña Prieto Rouco e A miña familia, de Daniel Castro Rico, a María Victoria Moreno.

A entrega de premios celebrarase mañá a partir das 20.00 horas na casa da cultura vilalbesa. A agrupación Tuba e Dalle porá a nota musical durante o acto.

Comentarios