sábado. 28.11.2020 |
El tiempo
sábado. 28.11.2020
El tiempo

Alertan dun posible timo co que ofrecen unha enquisa de saúde a domicilio en Xermade

O Concello non está levando a cabo ningunha enquisa nin campaña telefónica relacionada coa Covid-19

O Concello de Xermade advirte sobre a existencia dun posible timo co que se ofrece unha enquisa de saúde a domicilio e material de prevención contra o coronavirus, supostamente en colaboración co goberno local.

Avisan a aqueles veciños do municipio que reciban unha chamada ofertándolle ambos servizos que o Concello "non está levando a cabo ningunha enquisa nin campaña telefónica relacionada coa Covid-19".

VILALBA E COSPEITO. As redes sociais fixéronse eco doutro intento de fraude na zona de Codesido, en Vilalba, e que ao parecer xa aconteceu en Cospeito. Supostamente, chaman ofrecendo xel hidroalcohólico gratis para levar á casa pero ese número non existe realmente, polo que inciden en non deixar entrar na vivenda a esas persoas.

Alertan dun posible timo co que ofrecen unha enquisa de saúde a...
comentarios