Alertan os bombeiros en Vilalba tras detectar que saía fume dun local comercial

Os efectivos desprazados ao lugar comprobaron que non había ningún incendio
Un camión de bomberos. AEP
photo_camera Un camión de bombeiros. AEP

Os bombeiros mobilizáronse na mañá deste xoves en Vilalba ao ser advertidos dun posible incendio nun local comercial, do que saía fume. á súa chegada ao establecemento, comprobaron que non había lume.

Doutra banda, os servizos de urxencias desprazáronse tamén por un suposto accidente de tráfico ás 9.29 horas en Abadin. En principio, segundo informa o centro de atención 112 Galicia, o dispositivo electrónico dun coche activou unha alerta de colisión, pero unha vez no lugar non acharon nada na zona. 

Comentarios