O alcalde da Pastoriza, moi preocupado polo brote na residencia de Bretoña 

A Xunta di que hai 10 positivos, aínda que o rexedor eleva esa cifra a entre "18 e 20 afectados" 
Imagen de una celebración navideña en la residencia de A Pastoriza. FACEBOOK FUNDACIÓN SAN ROSENDO
photo_camera Imaxe dunha celebración do Nadal na residencia da Pastoriza. FACEBOOK FUNDACIÓN SAN ROSENDO

O alcalde da Pastoriza, Primitivo Iglesias, móstrase "moi preocupado" tras o brote de coronavirus detectado na residencia de Bretoña. 

Este xoves, a Xunta informa de que hai 10 positivos na residencia -oito usuarios e dous profesionais-, aínda que o rexedor eleva esa cifra a entre "18 e 20 afectados". 

"O pasado sábado pola noite chamoume a directora (da residencia), que había uns cantos residentes que eran positivos de coronavirus". Agora estase á espera de facer PCR "aos que quedan alí, porque os enfermos foron trasladados a Santiago". 

O alcalde da Pastoriza non oculta que "hai unha preocupación" entre os veciños, para engadir que "o Concello estivo e está a disposición do que considere adecuado a residencia". 

"Hai unha preocupación notable porque non só son os enfermos, aos que desexamos unha pronta e satisfactoria recuperación, senón tamén porque a maior parte das traballadoras son do municipio", explica Primitivo Iglesias. 

Comentarios