¿Aínda sen ideas para regalar?

Artesanía, bonos regalo ou cestas gourmet son algunhas das propostas dos negocios nun ano difícil marcado polo coronavirus 
Cestas Capricho Andaluz (1)
photo_camera Cesta realizada en Capricho Andaluz. EP

Entre os regalos clásicos de sempre e o boom dos xoguetes nesta época, son moitos os negocios e os clientes que tiran de enxeño para vender e mercar agasallos en tempos de pandemia.  

BONOS GAIBOR GUITIRIZ (6)Os vales regalo son unha das grandes propostas nesta situación de crise sanitaria. Algún restaurante, como é o caso de Casa Gaibor, en Guitiriz, deixa os manxares en stand by para desfrutar con calma cando a situación sanitaria mellore. 

Pero a hostalaría non é a única que aposta polos vales nesta época. Moitos negocios, conscientes das dificultades de moitos por mercar coas restricións de mobilidade ou as corentenas, ou da falta de ganas de entrar e saír das tendas sen parar durante días como outros anos, apostan por esta idea, á que se suman dende ópticas e centros de estética ata multitude de negocios, incluso de fotografía.

En Purriños, en Vilalba, ademais de sesións, pódense regalar tarxetas personalizadas con imaxes, debuxos e mensaxes.  

Regalos fotos Purriños (1)

Para os que prefiran algo inmediato e queiran apostar igual polo padal, ademais dos menús para desfrutar dentro dun tempo, as cestas gourmet seguen sendo unha aposta que continúa gañando adeptos. As de Manxares da Chaira, en Vilalba, son todo un clásico, "adaptando ao presuposto as posibles e variadas combinacións de produto". 

Envíanse a domicilio, como as cestas da Frutería Capricho Andaluz, de Cospeito, coñecidas como Encarniñas ou Tita Yuju, agasallos de sabor con produtos galegos e andaluces exclusivos que fusionan norte e sur. Poden ser doces, salgadas ou de froita, ao gusto do consumidor, pero o máis demandado é o queixo de cabra, as palmeiras Kinder Nocilla ou o aceite. Para celebracións ou para diferentes momentos do día, como as que elabora Noelia Cabarcos, das Pontes, pensadas para o almorzo. 

FusaiolaNas Pontes, a asociación de empresarios Cohempo e o Concello acaban de estrear unha plataforma de venda online para o comercio local coa intención de saltar todas as barreiras da crise sanitaria e mostrar un escaparate común, como tamén fixo a Fundación Artesanía de Galicia, da Xunta, creando un catálogo de Nadal para mostrar ese traballo feito a man que se pode converter no mellor regalo. 

Entre a selección están a artesanía textil de Fusaiola (Vilalba), as creacións de luz de Pilar Cupeiro (Cospeito) e de madeira da Aldea Artesán de A Fraga (Xermade) e os complementos de Conloquetengo (As Pontes). 

Pero hai un gran abano de propostas no comercio da zona, tamén con ideas personalizadas. En Meira, en Bicos de Fío, están á venda bufandas con mensaxes rotulados en galego. E os libros, agora que dispoñemos de máis tempo, son un acerto seguro. ¿Algunha idea máis? 

WhatsApp Image 2020-12-22 at 22.11.20 (2)

Comentarios