A AELG lamenta o falecemento de Josefa Arias Castelo

A entidade recoñeceu á santaballesa como Mestra da Memoria por manter viva a obra do seu tío, Caetano Arias

2019070913395855941
photo_camera Josefa Arias. C. ARIAS (AEP)

A Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) lamenta "fondamente" o falecemento de Josefa Arias Castelo, recoñecida como Mestra da Memoria pola entidade en maio de 2015.

Nacida fai 97 anos na parroquia vilalbesa de Santaballa, onde faleceu este sábado e onde repousan os seus restos mortais, Josefa Arias creceu no seo dunha familia humilde e desde pequena asistía á escola habaneira, algo que compaxinaba co traballo no campo.

Durante toda a súa vida puxo en valor a obra do seu tío, o poeta e cantor Caetano Arias, a quen consideraba "un artista". Foi ese labor, a de recitar os versos de Caetano ata que a memoria permitiullo, a que lle valeu o recoñecemento da AELG pola "dedicación exemplar á transmisión oral de saberes e valores dá nosa cultura popular tradicional", tal e como explicaban desde a asociación.

A parroquia vilalbesa de Santaballa despediu o domingo a unha das súas veciñas máis ilustres, unha muller que homenaxeou con constancia ao poeta e que tiña na lectura unha das súas grandes paixóns.