Adxudicada a mellora do firme da autovía Ferrol-Vilalba en Lugo

Os traballos, cun prazo de seis meses, afectan a preto de 15 quilómetros de vía
Autovía Ferrol-Vilalba. ARCHIVO
photo_camera Autovía Ferrol-Vilalba. ARQUIVO

A Consellería de Infraestruturas adxudicou, por máis dun millón de euros, a execución das obras de rehabilitación de firme na autovía Ferrol-Vilalba ao seu paso por Lugo, no tramo que vai do enlace de Cabreiros á conexión coa A-8. 

Esta intervención, adxudicada á empresa Ovisa Pavimentos e Obras, S.L.U., conta cun prazo de execución de seis meses e a previsión é a de iniciar os traballos a finais de agosto

O obxecto desta actuación é a mellora das condicións de confort da autovía, mediante o reforzo do firme da AG-64 entre os puntos quilométricos 42,5 e 55,9. Implica unha intervención en preto de 15 quilómetros de vía

Ademais da mellora do pavimento, executarase o repintado da sinalización horizontal e unha mellora puntual da drenaxe. Tamén se reporá a sinalización vertical na estrada LU-540. 

Comentarios