Adxudicada por 30.000 euros a mellora do firme na vía pontesa de Porto do Liño

A obra está financiada pola Deputación da Coruña
OBRAS LU-P-2204. AEP.
photo_camera OBRAS LU-P-2204. AEP.

A xunta de goberno local do Concello das Pontes adxudicou á empresa Francisco Gómez y Cía unha nova fase da obra de mellora do firme en Porto do Liño, na parroquia da Faeira.

O proxecto, financiado pola Deputación da Coruña, ten un orzamento de 30.990,93 euros e permitirá a rehabilitación desta vía municipal para aumentar a seguridade viaria na zona.

Os traballos inclúen o varrido da superficie e a limpeza das marxes, así como o bacheado previo e unha nova capa de rodaxe, ademais da sinalización.

Comentarios