Achado o corpo sen vida dun veciño de Pol de 62 anos na súa vivenda

A Garda Civil non atopou signos de violencia
Generated by  IJG JPEG Library

Un home de 62 anos e veciño da parroquia de Arcos de Frades, en Pol, foi localizado este sábado sen vida na súa vivenda.

A Garda Civil recibiu un aviso despois de que o encargado de recoller o leite da súa granxa se encontrase unha vaca morta e os tanques sen encher desde facía polo menos dous días.

Tras desprazarse ao lugar, os axentes tiveron que forzar a porta para acceder á vivenda, onde atoparon ao falecido, que vivía só. Non había signos de violencia e á espera dos resultados da autopsia todo indica que foi unha morte natural.

Comentarios