Acepta 21 meses por maltratar á súa muller en Castro de Rei

O home estaba acusado de dous delitos de lesións e un de malos tratos habituais por insultar, golpear e empuxar á súa parella

Un home aceptou onte un ano e nove meses de prisión e 120 días de traballo en beneficio da comunidade por un delito de malos tratos habitual e outros dous de lesións no ámbito familiar contra a súa parella, coa que convivía no o municipio de Castro de Rei.

Un dos delitos de lesións produciuse no curso dunha discusión en agosto de 2016, nas festas de Castro, cando o acusado se atopaba baixo a influencia de bebidas alcohólicas "sen que as súas capacidades intelectivas e volitivas estivesen alteradas", segundo o escrito da Fiscalía. "Agarrouna con forza e empuxouna, golpeándose ela nas costas cunha porta, á vez que a insultaba "puta, desgraciada"", continúa.

En novembro de 2018, o acusado chegou ao domicilio familiar alterado e, en presenza do fillo menor de ambos, insultouna "con expresións talles como "porca, raposa, o único que sabes é zorrear e pasear", agarrouna polo pescozo e golpeoulle nas mans e brazos en reiteradas ocasións". Entón acordouse polo Xulgado de Instrución número 1 de Lugo unha orde de protección.

Estes feitos eran unha constante nos últimos dous anos e medio de relación, xa que o acusado "controlábaa, insultábaa e agredíaa dándolle empuxóns".

A fiscalía pedía inicialmente nove meses de prisión por cada delito de lesións e dous anos polo de malos tratos habituais, pero no xuízo celebrado este martes no Penal 1 houbo conformidade.