A aceleradora do polo aeroespacial de Rozas selecciona 6 novos proxectos con drons

O prazo para presentar iniciativas estará aberto ata o 15 de novembro
BFaero presenta la convocatoria. XESÚS PONTE
photo_camera BFAero presenta a convocatoria. XESÚS Ponche

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, participou este mércores en Lugo nunha xornada sobre a segunda convocatoria da aceleradora Business Factory Aero (BFAero), que se está desenvolvendo no marco do polo aeroespacial de Rozas para seleccionar outros "seis novos proxectos innovadores con drones e vehículos non tripulados".

Argerey informou de que o prazo para presentar iniciativas estará aberto ata o próximo 15 de novembro, co obxectivo de seleccionar tres proxectos para a fase de incubación e outros tres para a de aceleración, que se sumarán ás "seis starups que xa están a desenvolver os seus proxectos e plans de negocio" ao amparo da BFAero.

Durante a súa intervención, recordou que a "BFAero non só forma parte da Civil UAVs Initiative (CUI), vinculada a Rozas, senón que se enmarca tamén na plataforma StarIN Galicia, a través da cal se aposta polo emprendemento innovador en sectores clave para o crecemento económico e a competitividade de Galicia".

Nese acto, ademais da Xunta de Galicia, participaron representantes da Fundación CEL-Iniciativas por Lugo, o Centro Tecnolóxico da Automoción de Galicia (CTAG), o Consorcio Aeronáutico Galego (CAG) e as multinacionais Indra e Babcock, entidades implicadas no desenvolvemento de novas compañías e ideas innovadoras a través de BFAero.

Poden presentarse a este programa "empresas e starups do sector aeronáutico de toda España que teñan unha idea innovadora para o uso de vehículos non tripulados, aéreos e mariños".

A BFAero ofrece o apoio de entidades públicas e multinacionais como Indra e Babcock, así como "un completo plan" para o desenvolvemento e lanzamento do produto ou servizo no mercado local, nacional e internacional, cunha "duración de 24 meses para etapa de incubación e de 12 meses para a de aceleración". 

Comentarios