Aberta a inscrición da Exposición de Cans de Caza

A Festa dá Filloa de Muimenta acollerá o día 1 de maio a quinta edición da proba, con premios para os mellores exemplares

Perros de caza en una edición pasada de la Festa da Filloa de Muimenta. AEP
photo_camera Cans de caza nunha edición pasada da Festa da Filloa de Muimenta. AEP

A comisión organizadora da XXVIII Festa da Filloa de Muimenta precisa que todas aquelas persoas que queiran participar cos seus exemplares na quinta edición da Exposición de Cans de Caza, que se celebrará o 1 de maio conxuntamente coa cita declarada Festa de Interese Turístico de Galicia, deben anotarse previamente, chamando ao números 982.50.40.02, 627.75.62.65 ou 660.70.13.91 ou no correo electrónico [email protected].

O xuíz Andrés Astudillo Iraola será o encargado de xulgar os animais participantes, aos que se lles entregarán premios en cinco modalidades diferentes. Así, outorgaranse galardóns aos mellores exemplares presentes tanto de caza maior como de caza menor, distinción que tamén se fará á hora de valorar os cachorros. Os premios completaranse cun recoñecemento para o mellor grupo de cans de caza maior, que deberá incluír polo menos cinco exemplares da mesma raza para optar a este galardón.

A entrada dos animais no recinto feiral Manuel Vila de Muimenta está fixada ás 9.00 horas, mentres que a partir das 10.15 horas está previsto que se realicen as valoracións por parte do xurado. Finalmente, a entrega de trofeos será ás 17.00 horas.

A Asociación de Empresarios de Muimenta, que organiza a Moexmu e a Festa da Filloa a través das comisións, conta co apoio do Concello, Deputación, Xunta, USC, Abanca e diversas empresas e particulares para promover estes eventos que citan a miles de persoas. A Federación Galega de Caza e o tecor Terra Chá tamén apoian a V Exposición de Cans de Caza.

Comentarios