Uns 60 criadores porán á venda 500 exemplares na Feira do Capón de Vilalba

En realidade hai censados ao redor de 1.800, pero os capóns restantes xa foron vendidos

Capones en exposición durante la feria. (Delegación)
photo_camera Capóns en exposición durante a feira. (Delegación)

Uns 60 criadores porán á venda ao redor de cincocentos exemplares na tradicional Feira do Capón de Vilalba, que se celebrará o día 21 de decembro na Praza da Constitución da localidade. Esta nova edición da feira foi presentada este martes no Concello de Vilalba, onde a edila de Feiras e Mercados, Cheri Grandío, precisou que a feira se celebrará un venres, o día 21 de decembro, por decisión dos propios criadores, que elixiron esta data porque consideraron que facela o —sábado 22— deixaba pouco marxe para enviar e preparar o produto antes de Noiteboa.

Grandío aclarou que, en realidade, hai censados para a feira ao redor de 1.800 capóns, pero os exemplares restantes non chegarán a entrar no recinto porque foron vendidos polos criadores nas súas propias casas. A edila recoñeceu que un dos retos de futuro, unha vez conseguida a Indicación Xeográfica Protexida para o Capón de Vilalba, pasa pola "incorporación de xente nova" á súa crianza.

"Os criadores son os mesmos desde hai anos. Teñen unha idade avanzada e hai que ser realistas", dixo a concelleira, quen confía en que se produza "unha substitución xeracional e a xente nova se decida, porque se pode vivir perfectamente do capón". 

Comentarios