3-2. Os erros defensivos lastran ao As Pontes no Barco

Os xogadores de Manuel Losada comezaron adiantándose
As Pontes-Ourense CF. XOSÉ FERREIRO
photo_camera Imaxe do partido As Pontes-Ourense Cf. XOSÉ FERREIRO

O CD As Pontes encaixou, unha semana máis, unha derrota a pesar de asinar un bo partido, pero no que os erros na segunda parte acabaron condenando aos azulones, que caeron por un axustado 3-2 na súa visita ao Barco, que con este triunfo, unido á derrota do Ribadumia contra o Viveiro, volve colocarse na cuarta praza, que asegura a permanencia en Terceira División.

Empezaron ben os xogadores de Manuel Losada, Chollas, que ademais puideron adiantarse antes da media hora de xogo despois de que o colexiado sinalase penalti tras arroiar Iván a Mitogo na área. O dianteiro azulón encargouse de materializar a pena máxima e pór o 0-1 co que se chegou ao descanso.

 A crónica completa coa edición en papel do Progreso deste luns

Comentarios