3-1. O As Pontes vence ao pechacancelas e sae dos postos de descenso

Un lance del partido entre As Pontes y Paiosaco. X.FERREIRO
photo_camera Un lance do partido entre As Pontes e Paiosaco. X.FERREIRO

O CD As Pontes suma tres importantes puntos nun encontro moi sufrido no que os locais tiveron que facer fronte a unha expulsión faltando case media hora e a dous penaltis en contra. 

Os locais adiantábanse tras un tiro cruzado de David García que entraba pegado ao poste, tanto co que se chegou ao descanso. E puñan terra polo medio no reinicio co gol de Cambón. Pero tras unha amarela por simular unha falta e outra nunha disputa de balón, era expulsado Pardo. Non viñeron abaixo os locais, que lograban o terceiro ao volver Cambón a adiantarse ao defensa, logrando coala polo primeiro pau. 

Pese ao resultado, tocou sufrir, tanto por xogar cun menos como por dous penaltis en contra, o primeiro por unha teórica man dentro da área, que Josiño disparou por encima do traveseiro, e o segundo, co tempo xa cumprido. O árbitro sinalou outra pena máxima por unha entrada de Berto e esta vez Bilal non fallou. 

Os azuis sitúanse con 24 puntos, dous por encima do descenso, antes de visitar ao cuarto clasificado, o complicado Arousa.

Ficha técnica
As Pontes: Liz; Maroñas, Álex, Iván, Cambón (Otero, m.77), Dani (Rivas, m.62), Dani Pájaro, Gonzalo (Berto, m.66), Carlos, David García e Pardo. 

Paiosaco: Rama; Bilal, Popi, Gamallo (Vermello, m.58), Edu, Fontes, Eiroa (Josiño, m.58), Samu, Jesús, César (Pablo, m.58) e Diéguez. 

Goles: 1-0, m.16: David García. 2-0, m.48: Cambón. 3-0, m.69: Cambón. 3-1, m.90: Bilal (p). 

Árbitro: Pablo Álvarez Calderón, asistido por Pedro Comesaña Veiga e David Sánchez Tierra. Amosou amarelas a Dani, Edu, César, Josiño e Riveiro e expulsou por doble cartón a Pardo.

Comentarios