3-0. O Arzúa rompe a serie do As Pontes

O CD As Pontes rompeu este domingo a súa boa dinámica de resultados das últimas xornadas na súa visita ao Arzúa, un rival que foi claramente superior, sobre todo á hora da definición. 

David García, nun partido de Liga no Poboado. XOSÉ FERREIROUn centro lateral cando aínda non transcorrera nin un minuto de xogo foi suficiente para que o goleador Íker —actual pichichi da categoría con 19 goles en 21 partidos— adiantase aos locais no marcador cun certeiro remate de cabeza entre os defensas azuis. 

A pesar da vantaxe no marcador, o conxunto pontés tratou de dominar a posesión do balón e conseguiu chegadas con perigo, pero con falta de puntería. 

Xusto noutro momento transcendental do partido, apenas a uns segundos para que o árbitro decretase o descanso, Álvaro conseguiu o 2-0 cun disparo axustado ao pau que dilapidou coas xa poucas opcións dos ponteses de sumar un novo triunfo lonxe do Poboado. 

Na segunda parte, o Arzúa repregouse para saír á contra e deixou que o As Pontes levase a batuta do partido. Fíxoo con chegadas á área rival, pero sen a profundidade necesaria como para sorprender e recortar diferenzas no marcador. 

E case cando mellor estaban os azuis, Diego Enjamio sentenciou o partido cunha brillante xogada individual desde o medio do campo que sorprendeu a toda a defensa. 

Con esta nova derrota, o conxunto pontés volve meterse en problemas. Está en descenso, na decimosétima posición con 21 puntos, os mesmos que o Bergantiños, que ocupa un posto por baixo. 

Na próxima xornada, o CD As Pontes volverá ao Poboado coa ilusión de recuperar a boa dinámica. Farao enfrontándose ao pechacancelas da categoría, o Paiosaco, que acumula dúas derrotas consecutivas.

Ficha técnica
Arzúa: Raúl, Israel, Diego Enjamio, Caio, Íñigo (Álex Vázquez, minuto 75), Álex Ramos (Zanón, minuto 66), Brais, Álvaro, Marcos García, Guedes (Álex Pérez, minuto 75) e Íker.

CD As Pontes: Javi Liz, Álex Cabarcos, Caridad, Dani, Maroñas, Fidi (Sergio Otero, minuto 61), Gonzalo, Dani Pájaro, García, Cambón (Sánchez, minuto 72) y Carlos López.

Goles: 1-0, min. 1: Íker; 2-0, min. 44: Álvaro; 3-0, min. 71: Diego Enjamio.

Árbitro: Alejandro Ferreiro Méndez (Lugo). Cartón amarelo a Israel, Caio, Diego Enjamio, Zanón, Carlos e Raúl, todos do Arzúa.

Comentarios