Uns 150 exalumnos da Xestosa reúnense no seu encontro anual

É o noveno ano que se celebra este evento
Xuntaza da Xestosa. EP
photo_camera Eladio Prieto e Elia Ramudo, homenaxeados na Xestosa. EP

Ao redor de 150 exalumnos da vella escola da Xestosa, a antiga tallería muresa, reuníronse este sábado para celebrar o seu noveno encontro anual.

A cita, que busca traer do pasado os anos de pupitre -a escola estivo aberta desde 1923 ata 1986-, arrincou cunha misa na pequena capela deste barrio de Muras.

A continuación, e como xa marca a tradición, dous dos seus exalumnos foron homenaxeados. Nesta ocasión tocoulles a Eladio Prieto, de 87 anos, e Elia Ramudo, de 83, que recibiron unha placa conmemorativa de recordo.

Os asistentes á Xuntanza de Escolares da Xestosa compartiron despois unha animada comida de confraternidade, á que lle seguiron xogos populares. Así, houbo carreiras de sacos, competicións de petanca, chave ou ra. A emotiva xornada estivo cargada de anécdotas e recordos e pechouse coa actuación dos Spontaneos.

Comentarios