O 112 recibe durante días chamadas por un accidente pantasma preto de Guitiriz

Un coche abandonado na provincia da Coruña leva a mobilizar a bombeiros e outros efectivos en diferentes ocasións

Coche abandonado junto a la A-6. CRISTINA ARIAS
photo_camera Coche abandonado xunto á A-6. CRISTINA ARIAS

Varios condutores deron o aviso nos últimos días sobre unha saída na A-6 ao seu paso por Aranga, preto de Guitiriz.

O 112 chegou a activar varias veces unha alerta no seu mapa de incidencias por este motivo, –polo menos unha vez o xoves e outra este martes– e chegáronse a desprazar efectivos de urxencias por este motivo. No entanto, non hai sinistro ao que atender.

O que motiva vos avisos é un coche abandonado ao bordo da vía, concretamente entre os quilómetros 42 e 43 sentido Madrid. O vehículo leva alí varios días e polo momento ninguén se preocupou de retiralo.

Comentarios