1-0. O CD As Pontes non ten fortuna en Ourense

Os ponteses mostraron na súa visita ao Couto unha das súas mellores versións, con bo xogo e ocasións, pero un fallo deixounos sen os tres ansiados puntos

Ourense. 08/05/2021. Partido de fútbol de 3ª división entre la UDO y As  Pontes
Foto: Xesús Fariñas
photo_camera Un xogador do As Pontes pugna polo balón cun rival. LA REGIÓN

Un solitario gol de Champi na recta final do partido afastou definitivamente ao CD As Pontes da posibilidade de puntuar na súa visita á UD Ourense, correspondente á sexta xornada da fase de permanencia, na que o equipo azulón aínda non cultivou ningunha vitoria. 

Os xogadores ponteses mostraron unha das súas mellores versións sobre o terreo de xogo e, en liñas xerais, xogaron un bo partido no que xeraron ocasións claras para poñerse por diante no marcador, pero faltoulles concretar a definición final para materializar as súas oportunidades, deixando escapar así os tres ansiados puntos e a recompensa ao seu bo facer sobre o campo. 

Tamén a UD Ourense gozou de boas ocasións, aínda que non lograría marcar o gol que ao final lle daría os tres puntos ata o último terzo da segunda metade, na que os ponteses perderon un balón que acabou convertido nun centro que Champi remataba con acerto, cambiando o sino do partido e sen que nin sequera os cambios realizados polo adestrador pontés para intentar lograr polo menos o empate e salvar polo menos un punto desen froitos, pero non puido ser. 

"Xogamos un grandísimo partido, con moita posesión, un dos mellores da tempada, pero unha vez máis non estivemos acertados nas áreas", valorou o adestrador do CD As Pontes, Manuel Losada Chollas, quen lamentou que un erro "infantil" acabase por significar unha nova derrota. 

Os ponteses volverán intentar sumar fóra de casa a próxima semana na xornada 7 desta fase de permanencia, na que lles toca medirse ao CD Ribadumia a domicilio.

Ficha técnica
UD Ourense: Aitanes; Varo, Pablo Corzo, Gabi Sanín, Charly (Litos, m.63), Isi (Hugo García, m.46), Tiago (Alfredo, m.46), Raúl Melo (Carlos de Dios, m.85) , Champi (Migui, m.80), Viti y Villa. 

CD As Pontes: Bugy; Pájaro, Dani, Moya, Borja (Breijo, m.81), Adrián, Vilela (Álex, m.89), Del Río (Magia, m.81), Artai (Pardo, m.83), Mitogo e Iñaki. 

Goles: 1-0, m.78: Champi. 

Árbitro: Jorge Méndez López, do colexio de Lugo, asistido por Adrián López Bermúdez e Jesús Adán Gallego. Amosou amarela aos locais Raúl Melo, Hugo García, Viti, Varo e Alfredo. Do CD As Pontes viron o cartón amarelo Adrián, Mitogo, Del Río, Pájaro e Moya. 

Incidencias: Partido disputado no estadio do Couto de Ourense.

Comentarios