Ribeira Sacra

Para mollar o pan en aceite: Quiroga celebra por última vez a súa Mostra do Aceite en Bendilló

O muíño de Bendilló e a súa contorna acolleron por última vez a Mostra do Aceite de Quiroga, que este ano chega ás 24 edicións. A intención do Concello é celebrar o evento a partir de agora no centro da vila quiroguesa e ampliar a programación dous días. En Bendilló manterase a demostración de como se elabora o aceite ao xeito tradicional, onde este domingo foi gran protagonista o burro Rogelio. 

Comentarios