Galerías

O Courel celebrou a tradicional baixada do Apalpador na Devesa da Rogueira

O Courel celebrou este martes a tradicional baixada do Apalpador na Devesa da Rogueira. O carboeiro preferido dos máis pequenos encheu de ilusión a tarde no concello, compartindo con eles un bo anaco e deliciosos produtos. 

A tradición di que O Apalpador baixa do seu fogar na montaña, onde pasa todo o ano fabricando carbón, para tocar as barrigas dos nenos e darlles castañas aos que están máis fracos.

É un costume moi típico no Courel, que hai xa uns anos decidiu recuperar e subliñar esta entrañable figura do Nadal galego.

Comentarios