01/dic./19
Actualizado: 02/dic./19
Etiqueta
A entrega de premios do vixésimo Certame de Poesía Díaz Jácome para novos creadores encheu de poesía galega Mondoñedo. Xián Lois Alcayde Dans foi o gañador desta convocatoria co poemario Anoar. O santiagués Aleixandre Lago recolleu o segundo premio pola obra Unha luz de eclipse. A terceira galardoada foi Isolda Comesaña, de Vigo, quen presentou Son da estirpe de Luperca.