A Chaira

Clausura do X Que Bo Estás Guitiriz

A asociación de hostaleiros De Bares de Guitiriz celebrou, no restaurante La Casilla, a súa tradicional cea, á que asistiron 85 persoas e na que se pechou oficialmente o concurso de tapas coa entrega de premios aos locais autores das tres propostas máis valoradas polo público, La Casilla, Iberik Gran Balneario de Guitiriz e Soa, e aos gañadores das recompensas de 600, 400 e 200 euros que se sorteaban entre os clientes que completasen a ruta do tapeo polos establecementos participantes nesta décima edición do certame, que se celebrou do 4 ao 10 de marzo. Ademais, De Bares colabora con Alume cunha achega de 390 euros, recadados en huchas e coa doazón de cinco céntimos por tapa servida.

Comentarios