
O festival Castañazo celebrarase en Chantada os días 27 e 28 de outubro deste ano, segundo anunciou este mércores a asociación organizadora. Hai unhas semanas, o mesmo colectivo confirmou o regreso do evento, un clásico do outono musical galego, despois de tres anos de parón por mor da pandemia.