
A ópera de primeiro nivel volta á Mariña. O domingo 2 de abril ás 19:00 horas será representada no Auditorio Municipal de Burela Il barbiere di Siviglia, unha ópera bufa en dous actos con música de Gioachino Rossini e libreto en italiano de Cesare Sterbini, baseada na comedia do mesmo nome (1775) de Pierre-Augustin de Beaumarchais.